ESPAÑA NAS PRIMEIRAS DÉCADAS DO SÉCULO XX

O REINADO DE ALFONSO XIII

As dificultades do reinado

1.- Historiográficamente e tamén polos actores históricos dous décadas máis tarde, as dificultades do reinado de Alfonso XIII sitúanse no inicio do s.XX, tralo desastre do 98 (perda das colonias) e o esgotamento do sistema da Restauración, que identificamos: 1) coa dinastía francesa dos Borbóns; 2) coa Constitución de 1876; 3) as dous son correctas.

2.- A perda das últimas colonias do imperio español provocou a crise do nacionalismo centralista do Estado e como consecuencia a emerxencia dos nacionalismos periféricos. Fronte aos nacionalismos vasco e galego, menos desenvolvimos, salienta o nacionalismo catalán, que obtivo como froito das súas presións ao goberno en 1913 a: 1) mancomunidade; 2) autonomía; 3) soberanía.

3.- Outro dos grandes problemas que tiveron que afrontar os gobernos da Restauración durante o reinado de Alfonso XIII foi a guerra de Marrocos. A influencia sobre a rexión foi unha proposta francesa aceptada pola Monarquía española en 1906 na Conferencia de: 1) Alxeria; 2) Algeciras; 3) Marsella.

O fracaso dos partidos institucionais.

4.- O maior problema da Restauración derivaba dun bipartidismo (partido conservador e partido liberal) incapaz de dar resposta aos problemas sociais, por canto as súas diferencias non cuestionaban a estructura social burguesa. A comezos do s.XX existía a convicción da necesidade de cambios e a palabra clave era: 1) rexeneración; 2) reforma; 3) revolución.

Un rexeneracionismo moderado e insuficiente.

5.- A versión rexeneracionista de Antonio Maura (1907-09), se concretou nunha lei electoral contra o caciquismo e na creación de organismos para o desenvolvemento e a modernización económica, que foron publicitadas como unha: 1) “revolución desde arriba”; 2) “revolución desde abaixo”; 3) “reforma desde a base”.

6.- O embarque de tropas a Marrocos movilizou as organizacións obreiras e desendecanou unha violenta represión (Semana Tráxica, 1909) que forzaría a dimisión do goberno conservador de Maura. Tampouco lograría reduci-las tensións o posterior goberno liberal de: 1) Canalejas; 2) Dato; 3) Romanones.

A crise do sistema.

7.- Aínda que España permaneceu neutral durante a I Guerra Mundial as tensións medraron (cfr., folga xeral de 1917) co aumento dos prezos, coas reinvindicacións catalanistas e das xuntas militares. A crise do sistema da Restauración conduciu inevitablemente á Dictadura: 1) tralo revés militar en Marrocos; 2) trala derrota de Annual; 3) as dous son correctas.

A DITADURA DE PRIMO DE RIVERA.

O cirurxián de ferro.

8.- Un estado de opinión favorable á orde e á seguridade levou a Miguel Primo de Rivera a suspender a Constitución de 1876 e a asumir o papel de cirurxián de ferro en expresión do rexeneracionista Joaquín Costa. Alfonso XIII aceptou o golpe de Estado ao mandarlle formar goberno. Era o ano: 1) 1921; 2) 1923; 3) 1925.

A paréntese constitucional.

9.- O primeiro goberno de Primo de Rivera, só de militares, o chamado Directorio Militar, afrontou a cuestión de orde pública (represión do anarquismo) e a guerra de Marrocos á que puso fin: 1) co Desembarco de Alhucemas, 1925; 2) coa toma de Xauén; 3) co apoio da flota inglesa.

10.- O apoio popular contrastou co rexeitamento dos intelectuais (Unamuno e Ortega y Gasset). Para acabar coas críticas formou un goberno con civís, o Directorio Civil. O reforzamento do réxime a través da Unión Patriótica foi incapaz de contrarrestar unha progresiva oposición: 1) dos nacionalistas; 2) dos partidos obreiros; 3) do propio Exército.

O final da Ditadura.

11.- Trala dimisión (xaneiro de 1930) del Dictador. Alfonso XIII encargou ao Xeneral Berenguer a volta á normalidade constitucional (“dictabranda”); mais a monarquía desprestixiada amosarase inviable e perderá o 12 de abril de 1931: 1) unhas eleccións municipais; 2) unhas elección legislativas; 3) un referendun pola forma de Estado.

A SEGUNDA REPÚBLICA

Unha auténtica ruptura.

12.- O 14 de abril de 1931 Alfonso XIII abandonou España e pacífica e esperanzadamente proclamouse a República. España adquirirá características propias da modernidade: sufraxio feminino, separación Igrexa-Estado y partidos de masas. Os cambios producíanse nunha sociedade: 1) maioritariamente rural; 2) moi contrastada nos grupos sociais; 3) as dous son correctas.

As primeiras medidas do Goberno provisional.

13.- Un goberno provisional moi heteroxéneo no que estaban representados republicanos como Alcalá-Zamora, Lerroux e Azaña e socialistas como Largo Caballero e Indalecio Prieto, tivo que afrontar “o problema catalán” (proclamación de independencia pola ERC de Maciá) aprazado á concesión no marco da Constitución da: 1) mancomunidade; 2) autonomía; 3) soberanía.

14.- As accións violentas contra a Igrexa provocaron desconfianza nas autoridades por parte dos católicos moderados. Entre as medidas do Goberno Provisional, xunto a convocatoria das Cortes constituíntes (xuño) están: 1) a reforma do Exército; 2) decretos laborais e a creación de escolas contra o analfabetismo; 3) todas.

A organización da República

15.- As elección de xuño deron maioría aos socialistas e aos republicáns de ezquerda manténdose o mesmo Goberno provisional. A Constitución foi aprobada en decembro de 1931. España era definida como unha: 1) República democrática de traballadores de todas as clases; 2) República Socialista; 3) República Popular.

16.- Algúns artigos da Constitución eran unha declaración de principios para futuras reformas (dereito de propiedade privada limitado aos intereses do Estado ou o que recoñecía a necesidade dunha reforma agraria). Polo que se refire ás reducidas competencias do Presidente da República, controladas polas Cortes, estaba a: 1) Xefatura dos Exércitos; 2) designación do Xefe de Goberno; 3) formación do Goberno.

AS ETAPAS POLÍTICAS DA REPÚBLICA.

As reformas da esquerda (1931-33)

17.- Aprobada a Constitución, as Cortes elixiron a Alcalá Zamora como Presidente da República e a Manuel Azaña como Xefe de Goberno. A reforma do Estado centralista prevía a posibilidade de aprobar estatutos de Autonomía. O de Cataluña aprobouse en septembro de: 1) 1932; 2) 1936; 3) 1938.(Sociedade de nacións)

18.- Mentras a reforma do Exército pretendía un corpo eficaz e moderno e reduci-lo seu tamaño (paso á reserva, peche da Academia militar, supresión de ascensos por méritos de guerra, etc.), a reforma agraria pretendía, sen chegar a consegui-lo, terminar co atraso da agricultura, aumenta-la extensión de terras cultivadas e a producción. A axencia responsable de leva-la adiante era: 1) o IRA; 2) o IRYDA; 3) o INC.

19.- A política relixiosa pretendía recorta-la influencia da Igrexa católica na sociedade a través dunha lexislación laicista segundo o modelo da República francesa, que tivo como leis máis relevantes: 1) a disolución da Compañía de Xesús; 2) a Lei de Congregacións Relixiosas prohibindo ás ordes relixiosas exerce-lo ensino; 3) as dous son correctas.

As manifestacións de descontento.

20.- As reformas non resolveron os problemas e a decepción pola reforma agraria provocou revolucións libertarias cruelmente reprimidas (cfr., xaneiro 1933, Casas Viejas en Cádiz). Tampouco prosperou o golpe de Estado do xeneral Sanjurjo en 1932; mais, se a ezquerda se desgastaba a dereita se organizaba na: 1) CEDA; 2) CECA; 3) FDAE.

O Bienio Conservador (1933-35).

21.- Trala dimisión de Azaña, as eleccións de novembro de 1933 deron a victoria á dereita de Gil Robles e ao partido Radical. O Goberno Lerroux, limitouse a frear as actuacións do bienio anterior e as posturas políticas radicalizáronse. Xa en outubro de 1933 José Antonio fundara: 1) Falanxe Española; 2) Xuntas de Defensa Hispánica; 3) Xuntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista.

22.- A tensión culminou na Revolución de 1934 (pola concesión de ministerios para a CEDA). UXT convocou unha folga xeral e Companys, proclamou a independencia de Cataluña. A iniciativa de Companys foi sufocada fácilmente, mais o control obreiro de Asturias precisou a mobilización: 1) dos corpos policiais autonómicos 2) do Exército de Terra; 3) do Exército de Marrocos.

Cara á guerra.

23.- Alcalá Zamora ante o desacordo Goberno e Cortes convocou novas eleccións que en febreiro de 1936 gañaron as ezquerdas da Fronte Popular. O novo Goberno retomou as reformas confiando na maioría das Cortes. Mentras a violencia entre os extremismos era cada vez mayor, parte do Exército preparaba un golpe de Estado baixo a dirección de: 1) Sanjurjo; 2) Mola; 3) Franco.

A GUERRA CIVIL

Un pronunciamento fracasado.

24.- Mentras oficiais do Exército consideraban, ante a desorde, necesario asumir o poder, Azaña, novo Presidente da República (abril 1936), afastaba de Madrid aos sospeitosos de conspiraren (Goded, Mola, Franco). Sen embargo, o día 17 de xullo sublevouse o Exército de Marrocos e o 18 no resto da península. Fracasaron en Madrid e Barcelona pola: 1) entrega de armas do Goberno ás organizacións obreiras; 2) resistencia anarco-sindicalista; 3) as dous, respectivamente.

Os recursos dos dous bandos.

25.- O bando republicano tivo que superar unha crise de goberno (Giral por Casares Quiroga); non obstante, controlaban as cidades e as industrias e contaban cos apoios de Francia, Inglaterra, de México e da URSS. O bando nacional coa parte do Exército mellor preparada, dominaba cuncas mineiras e cerealistas e contou co apoio de: 1) Italia; 2) Alemaña; 3) as dous máis Portugal.

26.- Dende o inicio da G.C. unha parte da nación apoiou aos sublevados. En outubro de 1936, Franco foi proclamado: 1) Xeneralísimo 2) Xeneralísimo e Xefe do Estado; 3) Xeneralísimo e Xefe de Estado como Caudillo de España.

O desenvolvemento da guerra.

27.- O alzamento triunfou rápidamente en Navarra, Canarias e Marrocos, desde onde se transportaron tropas a Andalucía. Nunha 1ª fase da contenda (agosto do 36 a marzo do 37) o obxetivo dos sublevados era a capital e sé de Goberno. Fracasado o asalto de Madrid Franco tentou rodeala, mais os republicanos impedírono: 1) en Jarama e Guadalajara; 2) en Brunete e Belchite; 3) na batalla do Ebro.

28.- Nunha 2ª fase (marzo do 37 a xuño do 38) Franco decidiu acabar coa fronte norte (Asturias-País Vasco) que se afundiu en outubro de 1837. As batallas de distracción do Goberno republicano fracasaron. En abril de 1938 as tropas de Franco: 1) tomaron Castellón; 2) aillaron a Cataluña; 3) as dous son correctas.

29.- Na terceira fase (xullo do 38 a abril do 39) tivo lugar a decisiva batalla do Ebro que permiteu a Franco en febreiro de 1939 a ocupación sen resistencia de Cataluña e a finais de marzo a toma de: 1) Madrid; 2) Valencia; 3) Cartagena.

30.- O saldo da guerra alcanza ós 600.000 mortos e a emigración forzada doutras 300.000 persoas. Débese insistir en que a loita iniciada en xullo do 36 non foi só un enfrontamento militar. Na zona nacional fíxose unha represión sistemática de tódalas forzas opositoras. Na zona republicana a desintegración das institucións provocou actuacións ioncontroladas como: 1) as matanzas do cárcere Modelo e de Paracuellos; 2) a persecución física de todo relixioso; 3)as dous son correctas.

Anuncios

EUROPA NA 2ª METADE DO XIX: O IMPERIALISMO

1.- O colonialismo moderno dos ss.XVI-XVIII tiña unha vocación mercantilista, dirixida á procura de productos tropicais (alimentación e textil) e de metais preciosos, como manifestacións dunhas sociedades cada vez máis desenvolvidas e abertas. O término metrópole, sinónimo de centro de poder, reflicte relacións respecto das colonias: 1) de xerarquía e asimétricas; 2) de afinidade cultural; 3) de proximidade xeográfica.

2.- A finais do s. XIX os países industrializados lanzáronse a unha expansión económica, que se concretou nunha expansión territorial, que deu lugar a unha auténtica carreira colonial. Este imperialismo foi resultado, a parte dos económicos, dunha conxugación de factores: 1) políticos e técnicos; 2) políticos e ideológicos; 3) todas e simultáneamente.

3.- En efecto, o colonialismo contemporáneo, independentemente da súa continuidade co imperialismo mercantilista, ven determinado pola conxunción de factores económicos (programas de inversión en infraestructuras e de exportación dos excedentes de capital) e de factores políticos como: 1) políticas comerciais de ampliación dos mercados protexidos; 2) políticas de prestixio propios dunha potencia; 3) as dúas son válidas.

4.- Nas motivacións imperialistas tamén xogaron o seu papel os factores demográficos, máis ou menos vinculados ás inestabilidades politico-sociais internas dos países europeos. Isto explica a temprana conquista francesa de Alxeria: 1) a finais do s.XVIII; 2) no 1º tercio do s.XIX; 3) no 2º tercio do mesmo século XIX.

5.- A teoría seudocientífica da época reforzou a percepción de que os europeos eran non só materialmente superiores. Estas opinións conduciron a división da humanidade en razas atrasadas e desenvolvidas; é dicir, a xustificar ao imperialismo en motivacións: 1) de autosuperación das limitacións individuais; 2) da validez universal da civilización occidental; 3) as dous non son contradictorias.

6.- A finais do s.XIX a idea común dos dirixentes políticos europeos de que o status de potencia estaba condicionada pola extensión do seu imperio viña asociada a crencia : 1) nunha predestinación dos brancos como raza superior (racismo); 2) nunha misión histórica civilizadora (eurocentrismo); 3) as dous son válidas.

7.- Nas colonias buscábanse materias primas para a industria, alimentos para a crecente poboación europea e novos mercados para os productos excedentes das metrópolis ou para exportar capitais na procura de altos beneficios que financiarán: 1) as infraestructuras; 2) as actividades da poboación nativa; 3) ao propio exército colonial.

8.- Na expansión colonialista europea o protagonismo dos actores metropolitanos quedou en moitos casos delegado en actores periféricos, que pola súa actuación in situ amosaron unha agresiva especulación imperialista. Un exemplo representativo é o da British South África de Cecil Rhodes quen estableceu as fronteiras de: 1) Zambia e Zimbabue; 2) Rhodesia do norte e do sur; 3) as dous son válidas.

9.- Aparte das grandes sociedades de comercio colonial, os imperios servíronse dos seus oficiais colonialistas, conquistadores e governadores (C.Rhodes, governador de O Cabo) e éstes dos propios indíxenas como tropas auxiliares e dos caciques locais como eficaces colaboradores administrativos. O exemplo proposto polo Manual: 1) Stanley en nome da AIA; 2) Livingstone e o Comité da África francesa; 3) Sherpa Pinto e o Mapa Cor de Rosa.

10.- Empresarios, administradores e enxeñeiros europeos trasladáronse a tódolos recunchos del planeta formando unha minoría dominadora que utilizaron ás elites locais como colaboradores, previa adopción da educación occidental. Co tempo, asimilando as ideas da política europea reclamaron: 1) a súa participación política na metrópole; 2) a independencia política das colonias; 3) a igualdade xurídico-política universal.

11.- O dominio económico asegurábase mediante o control político. Algunhas áreas convertéronse en colonias, territorios gobernados directamente por funcionarios e soldados metropolitanos; outros eran protectorados nos que se mantiña un goberno local manexado pola potencia imperialista. Noutros casos, as potencias repartíronse territorios que teóricamente seguían independentes, dos que arrancaban privilegios comerciais e impoñían a extraterritorialidade xurídica. Segundo o Manual de texto, son as denominadas: 1) esferas de influencia; 2) áreas de influencia; 3) ámbitos de influencia.

12.- Entre as potencias europeas a principios do s.XX, a máis poderosa era o Imperio británico. A súa mariña, a maior do mundo, controlaba os mares e Londres era o primeiro centro financieiro e comercial. Entre as numerosas colonias, algunhas poboadas por inmigrantes europeos autogobernábanse baixo a tutela diplomática e de seguridade da Gran Bretaña: Son: 1) os enclaves; 2) os dominios; 3) os fideicomisos.

13.- Como a expansión cara o W. quedara interrompida pola independencia do continente americano o imperialismo europeo representado fundamentalmente por Inglaterra e Francia centrouse en África onde estableceron dous liñas de colonización moi definidas: 1) de A a B e de C a D; 2) de Exipto a O Cabo e de Senegal a Somalia; 3) de Súez a O Cabo e de Arxel a Dakar.

14.- A ampliación, con Bélxica, Alemaña e Italia, do número de actores imperialistas en África plantexa as primeiras tensións diplomáticas entre as potencias europeas, resoltas coa convocatoria:1) do Congreso de Berlín (1878); 2) da Conferencia de Berlín (1884-85); 3) dos Tratados de Versalles (1870 e 1919).

15.- En efecto, para evitar conflictos entre as potencias celebrouse en 1885 a Conferencia de Berlín no que se pactaron as regras do xogo. Entre éstas: 1) preferencia para a ocupación do interior pola potencia que dominara a liña de litoral; 2) dominación do territorio real e non teórica, é decir, con administradores e soldados sobre o terreo; 3) as dous son válidas se se comunican os avances ao resto das potencias.

16.- En quince anos trala Conferencia de Berlín, África consumou a súa parcelación. Mentras Gran Bretaña uni-lo sur e o norte do continente (O Cabo- O Cairo), outras potencias intentaron crear cintos de leste a oeste que unisen as súas colonias da costa atlántica e índica. Referímonos a: 1) Francia e Portugal; 2) Alemaña e España; 3) Bélxica e Italia.

17.- O poder colonial de Gran Bretaña manifestouse con toda a representatividade política do evento coa coroación en 1876 da raiña Victoria como Emperatriz da India. O marco cronolóxico deste deste fenómeno histórico do imperialismo o sitúa o Manual entre:1) 1875 e 1895; 2 )1850-1914; 3) 1873 e 1898.

18.- A apertura da Canle de Súez (Lessepps, 1869), ao acelerar a expansión colonialista cara ó continente asiático, convertirá ao mercado chinés nun novo escenario da competencia colonial e paralelo ao fenómeno migratorio trasatlántico reforza por 1ª vez na Historia a idea de globalización respecto :1) dun mercado único mundial; 2) dun pensamento único; 3) duns dereitos humanos.

19.- O imperialismo, incluso nas súas manifestacións menos violentas como a penetración comercial, desencadeou como non podía ser doutro xeito as resistencias dos pobos sometidos. Máis que de conciencia nacional habería que falar de afirmación das propias idiosincrasias. Un exemplo paradigmático o foron: 1) as guerras do opio e dos boxers; 2) o Gran Motín Cipaio e o Madhismo; 2) as dous son correctas.

20.- Á larga, as resistencias iniciais dos pobos sometidos evolucionarán en esforzos de modernización das súas estructuras políticas e económicas nun sentido occidental como medio de zafarse da propia prepotencia europea. O caso da revolución xaponesa Meiji é prototípico. Con menos éxito tamén foi a opción de:1) Marrocos; 2) Etiopía; 3) Turkía.

21.- O proceso de dominación do mundo á custa dos intereses dos pobos colonizados estivo permanentemente acompañada de tensións e de estratexias de riscos calculados entre as potencias imperialistas, tanto máis graves canto os territorios susceptibles de colonialismo se ían reducindo. Un exemplo, foi a crise de Fashoda entre:1) Francia e Alemaña; 2)Francia e Inglaterra; 3) Inglaterra e Alemaña.

22.- Fronte ós programas imperialistas de Francia e Inglaterra que buscaban a continuidade territorial das súas posesións coloniais, Alemaña, que chegara tarde ós repartos do continente africano, só puido aspirar a ocupar valeiros. As máis importantes colonias alemanas foron: 1) Camerún e Tanganika; 2) Togo e Madagascar; 3) Namibia e Liberia.

23.- O imperio colonial portugués estivo sempre ameazado polas pretensións inglesas e alemanas. O “mapa cor rosa” de Sherpa Pinto tampouco chegou a ser unha realidade, sen embargo e malia a percepción popular portuguesa, o imperio luso conservaría: 1) Guinea-Bissau e as Illas de Cabo Verde; 2) Angola e Mozambique; 3) as dous son correctas.

24.- A mediados do s.XIX España iniciou unha política de expansión por razóns de prestixio animada por Francia. Sen estratexias definidas poden cualificarse de simples aventuras. Os destiños destas iniciativas imperialistas foron: 1) México e Illas do Pacífico; 2) Marrocos e Cochinchina; 3) Marrocos e Guinea.

25.- A intervención española sen aparentes motivacións económicas no Sultanato de Marrocos, culminou na Batalla de Tetuán (1860), moi custosa en perdas humanas e moi limitada en beneficios territoriais. Aparte da cidade de Tetuán, significou a incorporación de: 1) Sahara; 2) Ifni; 3) Larache.

26.- A febre colonial europea contaxiouse a España na primeira década do s.XX. Ós intereses estratéxicos polo control do Estreito de Xibraltar, engadíronse ós económicos (explotacións mineiras). Dacordo con Francia a zona que correspondeu ós españois era unha rexión montañosa e descoñecida: 1) O Rif; 2) Ketama; 3) As Kábilas.

27.- A consolidación do Protectorado español en Marrocos, creado en 1912, non foi nada fácil. As resistencias lideradas por Abd.el-Krim culminaron na derrota de Annual (1920). Houbo que esperar para “pacificar” o territorio: 1) á conquista de Tánxer; 2) ó Desembarco de Alhucemas; 3) á caída da Dictadura de Primo de Rivera.

28.- Malia a presencia española na illa de Fernando Póo dende o s.XVIII, ésta non tivo repercusión no continente ata principios do s.XX (enclave de Guinea Ecuatorial –Río Muni, 1904). A ocupación tivo lugar: 1) por compra ós xefes locais; 2) por expedición militar con aliados; 3) por cesión internacional.

A GRANDE GUERRA E A CRISE DO ESTADO LIBERAL

A Grande Guerra (1914-18) e a Crise do Estado Liberal (entreguerras)

0.- O devalo do Imperio turco na rexión balcánica provocou a inestabilidade da rexión con tensións entre os Imperios austríaco e ruso, dos que saíron beneficiados os nacionalismos eslavos coa fundación de novos Estados como: 1) Serbia; 2) Bulgaria; 3) ás anteriores hai que engadirlles, Romanía.

1.- O final do s.XIX cada Estado europeo tentaba garanti-la súa seguridade e a súa posición internacional a través de alianzas secretas e políticas militaristas a prol do progreso técnico e do aumento demográfico, que multiplicaron a desconfianza diplomática e acrecentaron na opinión pública o belicismo. Este periodo é coñecido como: 1) a guerra tonta; 2) a paz armada; 3) a unión sagrada.

2.- No verán de 1914 a crise de Saraxevo provocou a declaración de guerra de Austria a Serbia co apoio de Alemaña. O mecanismo das alianzas secretas púxose en marcha: Rusia declarou o seu apoio a Serbia, e ao seu lado fixérono Francia e Gran Bretaña; é decir a: 1) Triple Alianza; 2) Triple Entente; 3) Triple Coalición.

3.- Trala declaración de guerra, recibida con entusiasmo popular, os exércitos mobilizáronse con rapidez para lograr canto antes unha victoria decisiva que tardaría catro anos en chegar. Establecéronse duas frontes, o estancamento dos mesmos significou que: 1) a guerra de movementos deu paso á guerra de trincheiras; 2) a guerra de trincheiras deu paso á guerra de movementos; 3) as dous tácticas déronse sincrónicamente.

4.- Co tempo a incapacidade de decisión bélica levou a cada país a controlar a súa industria para producir máis armas e obte-las materias primas necesarias. Paralelamente á racionalización dos alimentos e racionalización de tódolos recursos aos fins militares, a guerra extendeuse geográficamente coa incorporación de novos aliados: 1) Turquía e Bulgaria a prol das potencias centrais; 2) Italia e Romanía a favor dos aliados; 3) as dous son correctas.

5.- En 1917 a situación cambiou. Namentras Francia resistía nas trincheiras e Alemania decretaba a guerra submarina total, estalaba a revolución rusa, precipitada en parte pola desastrosa xestión do goberno tsarista. Finalmente, co triunfo bolchevique tódolos esforzos militares concentráronse na fronte occidental, no que resultou decisivo a entrada no conflicto: 1) de Xapón; 2) dos EEUU; 3) de Portugal y España.

6.- As consecuencias da I G.M. foron amplias e duradeiras; en tre éstas, un novo mapa europeo coa desaparicióndos Imperios alemán, austro-húngaro e turco sustituidos na Europa oriental por novos Estados. Con Rusia apartada da comunidade internacional ( control sanitario) e nunha situación caótica convocouse a Conferencia de: 1) Locarno; 2) de Londres; 3) de París.

7.- Na Conferencia de Paz, celebrada en 1919 para a redacción dos tratados que recollían as condicións impostas aos vencidos, propoñíase o dereito de autodeterminación das nacionalidades e a creación dunha organización internacional que arbitrara nos conflictos entre os Estados. Referímonos: 1) a ONU; 2) a Sociedade de Nacións; 3) son a mesma cousa.

8.- Na Conferencia de Paz se estableceron tratados do conxunto dos vencedores con cada un dos vencidos. Respecto das durísimas condicións impostas a Alemaña salienta as perdas territoriais, a entrega da súa flota e a reducción do exército a 100.000 homes, sancións económicas por indemnizacións de guerra e por riba de todo a condena moral da culpabilidade no conflicto. Este tratado firmouse no Pazo de: 1) St Germain; 2) Trianon; 3) Versalles.

9.- EEUU, que dicía que entrara na guerra para defende-la democracia, sentiuse decepcionado polo que consideraba la mesquindadade europea na Conferencia de Paz. O Senado negouse a ratifica-los acordos alcanzados por Wilson e consecuentemente: 1) non participar en nengunha organización internacional; 2) intervir por vía interposta de Gran Bretaña; 3) condicionar su política internacional á potencia emergente da URSS.

10.- A experiencia da guerra impuxo a planificación e coordinación dos recursos económicos e o resentimento dos vencidos que favoreceron: 1) unha intervención estatal na economía vs ortodoxia liberal; 2) o cuestionamento democrático; 3) podemos validar ás dous.

11.- En 1917 Rusia era un país habitado sobre todo por campesiños con moi baixo nivel de vida que traballaban para unha aristocracia latifundista. En 1861, abolírase a servidume feudal, pero só unha minoría de campesiños tiña unha situación acomodada despois dos intentos inconclusos de reforma agraria. Esta minoría estaba formada polos: 1) mukhiks; 2) kulaks; 3) lumiks.

12.- A industrialización era rápida arredor das grandes cidades como Moscú ou San Petersburgo (Petrogrado desde 1905), pero en relación co tamaño do país a burguesía era escasa para transformar as institucións políticas cara a un sistema parlamentario que sustituira ao Goberno do Tsar, por unha monarquía : 1) autocrática; 2) aristocratica; 3) electiva .

13.- Xunto ás organizacións liberais, existían tamén pequenos grupos revolucionarios cruelmente reprimidos pola policía. Estas agrupacións radicais diferenciábanse segundo as súas aspiraciós de cambio estiveran no campo (eseristas) ou na industria (marxistas). O socialismo marxista a partir da revolución de 1905 dividiuse en maioritarios e minoritarios; é dicir.: 1)mencheviques e bolxeviques; 2) bolxeviques e mencheviques; 3) marxistas e leninistas.

14.- A I Guerra mundial amosou con claridade a ineficacia do réxime zarista. En febreiro de 1917 organizáronse en Petrogrado manifestacións que levaran á abdicación do zar Nicolás II e á proclamación da República sobre unha duplicidade do poder, a Duma (Parlamento) e os Soviets ou: 1) Consellos de obreiros; 2) organizacións comunistas; 3) corpos militares.

15.- Mentras da fronte non chegaban novas dunha evolución favorable a Rusía, no interior o descontento medraba polo aprazamento das reformas. A chegada de Lenin do exilio se concretou na adopción polos bolxeviques das “teses de abril” e finalmente, no triunfo da revolución de outubro, que esixía “todo o poder para…” : 1) a Duma; 2) os Soviets; 3) o Goberno.

16.- A Rusia “soviética” firmou a paz con Alemaña a costa de perdas territoriais (Tratado de Brest-Litovsk). Cando o poder pasou a ser monopolio dos comunistas estalou, apoiada polas potencias europeas, a guerra civil que rematou co triunfo do Exército Vermello. En 1924, o ano da morte de Lenin o Estado definiuse constitucionalmente como: 1) URSS; 2) CCCP; 3) CEI.

17.- Durante a G.C. Lenin impuso unha economía de guerra (nacionalización dos medios de producción). A reconstrucción postbélica forzou unha Nova Política Económica (NEP = liberalización e propiedade privada). A construcción do socialismo sobre a base dos planes quinquenais (industrialización e colectivización) foi obra de : 1) Trostky; 2 ) Zinoviev; 3) Stalin.

18.- Os vencedores da I Guerra Mundial, reximes parlamentarios, permitiron a extensión do pluripartidismo e das libertades individuais. Na maior parte de Europa aplicáronse leis que melloraban as condicións sociolaborais (desenvolvemento sindical). Sen embargo, a situación podía ser moi inestable por mor: 1) das tensións nacionalistas; 2) da división nos antigos partidos socialistas; 3) as dous son correctas .

19.- Nestes anos houbo fortes tensións sociopolíticas (cfr., condicións impostas polo Tratado de Versalles como as indemnizacións de guerra). En 1924 Gran Bretaña e os EEUU fixeron plans para apraza-la débeda e a economía alemaña empezou a estabilizarse. En 1925 tócaballe facelo ás relacións internacionais coa firma do Tratado de : 1) Berna; 2) Ginebra; 3) Locarno.

20.- A guerra enriquecera a EEUU que viviu unha etapa de prosperidade, coñecida popularmente como os “felices vinte”, nos que se estableceron as bases da moderna sociedade de consumo. Este periodo non estaba exento de contradiccións (EEUU pasou de exportador a importador de productos agrarios, os prezos baixaron e con eles a demanda de bens industriais) e a Bolsa cun comportamento de euforia especulativa foi o desencadenante da crise. Foi: 1) o crac do 29; 2) só unha crise financieira; 3) só un martes negro.

21.- Nos anos vinte a excepción á democracia europea foi Italia, que desde 1922 estableceu un réxime fascista dirixido por Benito Mussolini, que adouptou o título de Duce. As súas bases eran a supresión dos partidos e dos sindicatos e a absoluta dirección económica. En consecuencia, tratábase: 1) dunha dictadura; 2) dun totalitarismo; 3) dunha dictadura totalitaria.

22.- A crise de 1929 golpeou con especial forza a Alemaña que seguía a paga-las súas débedas de guerra. A retirada de capitais americanos agravou a crise e o paro medrou con rapidez radicalizando as posicións políticas da República xurdida trala derrota do II Reich alemán. Falamos da República de: 1) Franfurt; 2) Hannover; 3) Weimar.

23.- A radicalización política en Alemaña arruinou o sistema de partidos republicano ata culminar na creación dun Estado totalitario de partido único: o Partido Nacional-Socialista de Adolf Hitler. O III Reich aspiraba á revisión unilateral do Tratado de Versalles e á hexemonía na Europa oriental. Un elemento definidor e diferenciador do novo Estado era a súa ideoloxía: 1) antisemita; 2) de lealtade á Sociedade de Nacións; 3 ) contrario ao culto á personalidade.

24.- En EEUU a crise financieira de 1929 se convirteu nunha grande recesión económica que explica o volco electoral de 1932 a favor de F.D. Roosevelt. Éste dirixiu tódolos esforzos a devolver a confianza mediante unha concentración de poder político e dun intervencionismo económico que xustificou nun: 1) New Deal; 2) Novo Pacto ou nova repartición; 3) as dous.

25.- Ante as políticas expansionistas dos reximes totalitarios en parte resposta á precaria situación económica xeralizada pola crise do capitalismo mundial, as democracias occidentais como Gran Bretaña e Francia optaron por unha política que vulneraba os principios vixentes nas relacións internacionais perxudicando ás nacións máis febles. Esta política é cualificada historiográficamente como: 1) de acougamento ; 2) de pacificación ; 3) de concordia.

26.- Dende a súa chegada ao poder A. Hitler propúxose cambia-la situación internacional. Rompeu o Tratado de Versalles coa a remilitarización de Renania e as reclamacións territoriais basada na doutrina do espacio vital. Dous fitos da audacia da política exterior de Hitler os constituen a anexión (Ancluss) e a invasión (contra o acordado en Munich) respectivamente de: 1) Austria e Hungría; 2) Austria e Checoslovaquia; 3) Austria e Polonia.

27.- En entreguerras a arquitectura continou o impulso racionalista, buscando edificios funcionais adaptados ás esixencias sociais. Ainda que hai moitas tendencias todas comparten trazos (materiais, procesos constructivos, depuración de volúmes, etc.). Entre as personalidades merecen mención : 1) Le Corbusier ; 2) Mies Van der Rohe; 3) sen dúbida, os dous.

28.- Van Gogh abrira o camiño da pintura como expresión subxetiva do pintor, e este vieiro foi seguido nas primeiras décadas do s.XX polos pintores que serán cualificados por esta motivación de expresionistas. A temática existencialista (soidade, angustia…) corresponde a pintores da Europa: 1) nórdica; 2) meridional;3) oriental .

29.- Nos anos vinte e trinta o impulso de innovación e ruptura coa tradición iniciado coas primeiras vangardas (fauvismo, cubismo, expresionismo) conduce a seguir explorando novos camiños. O centro do mundo artístico era Europa, e sobre todo a capital que dará o seu nome a toda unha xeración de artistase que coñecemos por : 1) Escola de Upsala; 2) Escola de París; 3) Escola de Brujas.

30.- As vangardas, así en plural, reflicte a pluralidade de tendencias. A abstracción xeométrica, encarnada por Mondrian, optou polas liñas rectas e as cores puras. O futurismo, representado por Boccioni, interesouse polas formas fluidas e dinámicas. O surrealismo, identificado con Magritte, borra as fronteiras entre o consciente e o inconsciente. O dadaísmo, nada máis rematada a I G.M. propoñíase rachar co propio concepto de arte. Un nome propio da última corrente é: 1) H. Matisse; 2) E. Munch; 3) M. Duchamp.

FICHA BIOGRÁFICA – CONCEPCIÓN ARENAL

FICHA BIOGRAFICA DE PERXONAXES HISTÓRICOSNOME DO ACTOR.- Concepción Arenal
CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
RESEÑA BIOGRAFICA

Fontes bibliográficas

e

recursos web.-

wikipedia

IDENTIDADE.- Foi unha diplomada en Dereito, xornalista, poeta, autora dramática e de zarzuela. Foi a primeira muller en asistir a unha Universidade española.
COORDENADAS VITAIS.- Nada en Ferrol o 31 de xaneiro de 1820 e finada en Vigo o 4 de febreiro de 1893.
ORIXE FAMILIAR.- Naceu nunha modesta casa do barrio coñecido como Ferrol Vello.Era filla dun militar liberal orixinario de La Montaña cántabra, Ángel del Arenal, e de Concepción Ponte Tenreiro, de ascendencia aristocrática galega. A súa infancia estivo marcada pola persecución, represión e desterro que sufriu o seu pai a causa das súas ideas liberais, e pola súa morte prematura a consecuencia delas.
ESTUDIOS E FORMACIÓN.- Estudou en Madrid, nun colexio para señoritas, cun tipo de educación para nenas de clases acomodadas que máis tarde ela mesma se encargaría de someter a severa crítica por tratarse da “arte de perder o tempo”. Mais a maior parte da súa cultura e formación acadouna de xeito autodidacta, especialmente a través da lectura, á que se afeccionou polo contacto coa biblioteca que a súa familia paterna tiña en Armaño (Cantabria).
CURRICULUM PROFESIONAL.- Foi a primeira muller en asistir a unha Universidade española, e probablemente o fixese disfrazada de home, xa que nese momento non se permitía legalmente o acceso das mulleres aos estudos superiores en España. Foi nomeada “visitadora de prisións de mulleres” en 1863, posto que foi suprimido definitivamente dez anos despois. Concepción e Juana de Vega promoveron unha asociación para visitar as mulleres presas chamada das “Magdalenas”. Concepción Arenal escribía cartas dirixidas ás reclusas nas que explicaba o contido do Código penal daquela vixente (o de 1850) e comentaba algúns artigos, especialmente os que facían referencia a delitos cometidos por mulleres. Juana de Vega era a que se encargaba de lerlles esas cartas ás presas.As dúas últimas décadas da súa vida foron anos de moi intensa actividade social e intelectual, e malia o seu precario estado de saúde, non deixou de escribir, estudar e revisar as súas propias obras e ideas, até o fin da súa vida. As súas obras clasifícanse en tres grandes temas: as denominadas “cuestión social”, “penitenciaria” e “feminina”. A súa obra tivo repercusión internacional e, porén, enviou informes a congresos internacionais que foron obxecto de unánime aplauso por parte dos expertos alí presentes; colaborou en publicacións e libros editados en francés e inglés; ilustres personaxes do ámbito penal e penitenciario eloxiaron a súa obra e persoa.

Con Concepción Arenal naceu o feminismo en España, pois dende nova loitou por romper os canons establecidos para a muller, rebelándose contra a tradicional marxinación do sexo feminino, e reivindicando a igualdade en todas as esferas sociais para a muller.

IDEOLOXÍA.- Pertencía ao ideario liberal e krausista; malia a orixinalidade do seu pensamento, destacan esas influencias, que tamén tiveron un papel importante no plano afectivo a través do seu contacto con destacadas personalidades liberais da época, coas que compartiu a un tempo relacións de amizade e proxectos de carácter social e intelectual.
PRODUCCION LITERARIA.- Entre outros:

  • La beneficencia, la filantropía y la caridad
  • Manual del visitador del pobre
  • Cartas a los delincuentes
  • El reo, el pueblo y el verdugo, o la ejecución pública de la pena de muerte
  • La voz que clama en el desierto
  • Estudios penitenciarios
  • Dios y libertad
  • La igualdad social y política y sus relaciones con la libertad
  • El pauperismo
  • El visitador del preso
  • El delito colectivo
  • “Idea del cielo”
  • La cuestión social. Cartas a un obrero y a un señor
  • “La educación de la mujer”

FICHA BIOGRÁFICA- MANUEL RUIZ ZORRILLA

FICHA BIOGRAFICA DE PERXONAXES HISTÓRICOSNOME DO ACTOR.- Manuel Ruiz Zorrilla
CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
RESEÑA BIOGRAFICA Fontes bibliográficas

e

recursos web.-

wikipedia

IDENTIDADE.- Foi un político español, deputado en Cortes e posteriormente Ministro de Fomento e de Gracia e Xustiza durante a I República, e xefe de Goberno con Amadeo I. Foi Gran Maestro do Gran Oriente de España.
COORDENADAS VITAIS.- Naceu en Burgo de Osma, o 22 de maio de 1833 e faleceu en Burgos, o 13 de xuño de 1895
ORIXE FAMILIAR.-
ESTUDIOS E FORMACIÓN.- Estudiou en Valladolid. Despois, en Madrid estudiou Xurisprudencia na Universidade Central. En dous anos rematou os estudos de Xurisprudencia e se matriculou en Leis.
CURRICULUM PROFESIONAL.- En 1858, en Madrid, foi nomeado Deputado Nacional polo Partido Progresista, grazas ao cargo que fixera na Deputación Provincial. Destacou na Sublevación do Cuartel de San Gil (1866), polo que se tivo que exiliar, e  dende onde dirixiu conspiracións para derrocar a Isabel II. Encargouse da carteira de Fomento no goberno provisional de Serrano. Formou parte do goberno de Prim como Ministro de Xustiza (1869). Trala morte de Prim, converteuse no líder do Partido Progresista. Foi designado Presidente das Cortes Constituíntes e proclamou a Amadeo de Savoia como rei. Durante o reinado deste, presidiu o Goberno en dúas ocasións. En 1873 Zorrilla retirouse da política. A partir de 1876 provou varias veces a volver a achegarse á política, pero fracasou todas as veces.
IDEOLOXÍA.- Pertencía ao Partido Progresista.
PRODUCCION LITERARIA.-

PLANTA DE FICHA CONSTITUCIONAL

CONSTITUCIÓN DE: 1812

CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS E PROCEDEMENTO CONSTITUINTE:

ANÁLISE

DO TEXTO

ARTICULADO

1.-SOBERANÍA: Arts 1 e 2
2.-LIBERTADES E DEREITOS INDIVIDUAIS:  Art., 13; 248;  371
3.DIVISIÓN DE PODERES

LEXISLATIVO:

Art., 15

Art.,157

Competencias: Art.,  148

Procedemento electoral: Arts.,34, 78 e 92

Composición: Art.,27

EXECUTIVO

Suxeto do poder:                          Art.,14 ; Art., 168
Competencias:  arts.,142                    e  225

XUDICIAL: Art., 17

Competencias:
Organización e procedementos:
4.-ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA E TERRITORIAL:
5.-RELACIÓNS IGREXA-ESTADO: Art., 12
6.-FORZAS ARMADAS: Art., 362
7.-ECONOMÍA E FACENDA: Arts., 339 e 355
8.-OUTROS ASPECTOS: Educación, Art., 366

CONCLUSIÓNS E SIGNIFICADO DO TEXTO CONSTITUCIONAL:

THOMAS A. EDISON

FICHA BIOGRAFICA DE PERXONAXES HISTÓRICOSNOME DO ACTOR.- Thomas Alva Edison
CIRCUNSTANCIAS HISTÓRICAS.-
RESEÑA BIOGRAFICA Fontes bibliográficase

recursos web.-

IDENTIDADE.- Foi un inventor e empresario estadounidense que desenvolveu moitos dispositivos importantes
COORDENADAS VITAIS.- Nado en Milan, Ohio, o 11 de febreiro de 1847 e finado en West Orange o 18 de outubro de 1931.
ORIXE FAMILIAR.-
ESTUDIOS E FORMACIÓN.-
CURRICULUM PROFESIONAL.- Traballou como vendedor de libros e telegrafista.En 1868 patentou o seu primeiro invento. Edison inventou un dos seus dispositivos, un aparello que axilizaba as transmisións en código morse e en resumo, foi autor de mais de mil invencións.
IDEOLOXÍA.-
PRODUCCION LITERARIA.-

A RAMA TEXTIL, O SECTOR PUNTEIRO DA 1ª R.I

GUERRA DA INDEPENDENCIA, MAPA CONCEPTUAL


REINADO DE FERNANDO VII, MAPA CONCEPTUAL